Convocado dúas semanas antes do comezo do confinamento de 2020, o concurso de microrrelatos organizado por PuntoGal e a Real Academia Galega, coa colaboración de Luzes, acadou unha participación récord de máis de 750 participantes.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e académico de número, Manuel González; a académica de número Ana Romaní; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a xornalista Cláudia Morán, membro do comité de redacción de Luzes, conformaron o xurado que resolveu a terceira convocatoria dunha iniciativa que cada ano gaña popularidade entre os amantes da escrita de todas as idades.
O fallo do xurado destacou a variedade e calidade dos traballos presentados, nos que se falou de maxia, diversidade, esperanza e humor, dando una idea da riqueza da experiencia e do xeito de vivir unha época sorprendente e nova entre os candidatos que presentaron relatos ao concurso.
A causa destas mesmas circunstancias sanitarias, tanto as deliberacións do xurado como a entrega de premios se levou a cabo de xeito non presencial.