Voltar ó inicio

A segunda edición do concurso de microrrelatos consolida a cita anual

A Real Academia Galega e PuntoGal convocaron por segundo ano o concurso de microrrelatos, aberto a textos de ata 200 palabras, co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e académico Manuel González; a escritora e académica correspondente Mercedes Queixas Zas; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a xornalista e coordinadora de Luzes, Valeria Pereiras, conformaron o xurado que avaliou os relatos presentados ao certame, case un cento máis que na primeira edición.

Duascentas palabras son dabondo para dicir moito. Demostrárono os nove gañadores das tres categorías do II Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal, que o pasado luns deron a coñecer ao público os seus textos na entrega dos galardóns que tivo lugar no salón de actos da Real Academia Galega.

.Os presidentes das institucións convocantes, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, participaron nunha celebración na que tamén estiveron presentes os demais membros do xurado. Os premios entregados son de perfil tecnolóxico e inclúen tamén lotes de libros e dominios .gal de balde.